Hoxe non madruguei tanto nen fixen espera mamífera. Porén os mamíferos apareceron. Concretamente un macho de porco bravo que todas as noites baixa a se alimentar no val e ao mencer volve cara o monte, que supón o seu refuxio diurno.
Porco bravo (Sus scrofa)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:6400 V:1/200 F:6,3
Onte parecérame ver os primeiros voantóns de picanzo vermello en Moeche. Esta mañá puiden confirmalo con este polo, medio perdido pola estrada adiante:
Polo voantón de picanzo vermello (Lanius collurio) territorio 3
Xusto ao chegar comezou a chover e preferín usar o Zuiko 100-400 (selado a salpicaduras).
Femia de picanzo vermello (territorio 2)
O ano pasado publicara uns mapiñas cos teritorios de picanzo nas Regas de Casalousada-Penas Albas, que son a parte do val do Xuvia que teño máis controlada na actualidade .
Área controlada. Liña malva = 1Km
Territorios habituais de picanzo vermello (Lanius collurio)
Até o de agora só puidera observar os territorios 1, 2 e 3. Sen embargo nas últimas visitas non detectei á parella 1 (non sei qué puido pasar). A cambio apareceron un macho e máis unha femia no territorio 4. Do 5 non teño novas este ano.
Picanzo vermello (Lanius collurio). Femia 4
Picanzo vermello (Lanius collurio). Macho 2
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:3200 V:1/320 F:6,3
Ademáis do territorio 3, ao que pertence o polo das primeiras fotos, tamén ten voantóns a parella 2. Dous polos cando menos.
Picanzo vermello (Lanius collurio). Macho 2
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:1600 V:1/320 F:6,3
As martarañas seguen desaparecidas. Ontes volvía botar unhas cereixas no camiño, das que deron conta os merlos negros. Hoxe varios exemplares apañaban os restos.
Merlo negro (Turdus merula) papando restos de cereixa
O verán avanza axiña. Arestora os campos están cheos coas novas xeracións de chascos, tordos, xílgaros, verderolos europeos, estorniños negros, anduriñas comúns, ferreiros reais, gaios eurasiáticos ou buxatos, a ponto de saír do niño. Esta mañá avistaba tamén o primeiro picapau grande voantón.
Chasco europeo (Saxicola rubicola). Polo voantón
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:800 V:125 F:7,1
Tordo visgueiro (Turdus viscivorus). Toma moi recurtada
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:800 V:200 F:7,1
Verderolo europeo (Chloris chloris)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:800 V:125 F:7,1
Como digo, o verao avanza. A pasaxe migratoria de limícolas xa comezou alí onde haxa condicións para a súa sedimentación. Non é o caso da lagoa da Frouseira, que segue pechada (se ninguén me informa do contrario), nin do encoro das Forcadas, que ademáis de cheo está feito un desastre con tanta especie invasora e tanta eutrofización. Se non había ir por alí estes días, obviamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos