Seguidores e seguidoras

martes, 29 de xullo de 2025

29/07/2025 Paxareando na Praza de Ultramar

  Seguimos de vacacións en Ferrol. Esta mañá paraba na Praza de Ultramar, o outro pequeno parque do meu barrio. Máis cativo aínda que Porta Nova.

Praza de Ultramar (Ferrol)
Sony RX10 III (focal 24 mm equiv)   ISO:800   V:1/125    F:4,5

    Estou a coller gosto pola fotografía urbana. Mas non é doada. Cando non pasan carros pola escea cruzan persoas. Para estas cousas cómpre un obxectivo grande angular. Se empregas a focal mínima da Sony RX 10 - equivalente a 24 mm- aparecen distorsións moi importantes. Podería levar o 14-42 mm con algunha das micro 4/3" (porque aínda conservo a Pana G7) pero hoxe tocou a bridge.

Praza de Ultramar (Ferrol)
Sony RX10 III (focal 28 mm equiv)   ISO:250   V:1/125    F:4,5

  Esta praza ten unha riqueza de aves moi inferior á Porta Nova, por motivos obvios. Ainda que se poden observar rabirrubios tizóns, pombos, rolas turcas, pardais comúns ou merlos. Tamén é habitual escoitar o canto da papuxa das amoras. Vela é máis complicado.

Rabirrubio tizón (Phoenicuros ochruros) xuvenil
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv)   ISO:400   V:1/250    F:4

   Lamentablemente os colirrubios gostan das zonas de sombra, onde menos luz hai. A este macho fotografeino con ISO 4000, unha sensibilidade elevadísima para un sensor de polgada (o máximo da cámara é 12.800). Deixei que a I.A. de Lightroom reducise o ruido un 30%.

Rabirrubio tizón (Phoenicuros ochruros) macho adulto
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv)   ISO:4000   V:1/250    F:4

  Entre as moitas pombas domésticas que se achegan cando me sento no banco sempre aparecen rolas turcas. Hoxe había dous exemplares.

Rolas turcas (Streptopelia decaocto)

    Esta praza no verán é moi sombriza, como se aprecia ollando as imaxes. Se aínda por riba o bicho non para quieto, como é o caso das rulas, a fotografía resulta moi difícil. Tiven que facer auténticos malabarismos entre velocidade e sensibilidade para conseguir algunha foto decente.

Rola turca (Streptopelia decaocto)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv)   ISO:1000   V:1/200    F:4,5

Rola turca (Streptopelia decaocto)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv)   ISO:800   V:1/250    F:4

   Aquí seguimos, coñecendo Ferrol (vou ter que pedir unha subvención ao Concello).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos