Seguidores e seguidoras

mércores, 22 de xullo de 2026

Fotografando aves en voo. Seguimos de prácticas

   Sigo a practicar a difícil técnica de fotografar aves pequenas (paxaros) en voo. Como xa comentei, penso que a chave está en empregar toda a pantalla con todos os seus pontos de foco, ademáis do foco de seguemento específico para paxaros que posúe a OM-1.

Hoxe fixen unha proba con cirrios eurasiáticos e andoriñas de cu branco. Unhas probas máis complicadas aínda por estaren os paxaros entre unha morea de cables de alta e baixa tensión ou de teléfono. Ademáis de edificios e arboredo diverso no fondo. Nesas circunstancias ao autofoco cústalle moito máis captar o obxecto (no círculo celeste voaba unha anduriña).

Cableado presente na maioría das tomas

 Primerio poño unha serie de imaxes que tomei ás andoriñas de cu branco, a especie que máis perto voaba dos dichosos cables do carallo. Uns cables que toleaban ao autofoco. Moitas veces focaba neles pero se o paxaro non estaba lonxe, xa o collía mellor.

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum)

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum)

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum)

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum)

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum)

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum)

     Nesta ocasión non indico os parámetros de cada imaxe porque se trataba de comprobar a efectividade do foco de seguemento da OM-1. Para os lectores máis curiosos dicir que case todas foron con ISO: 200/400, V:1/2000 ou V:1/1600 e F:5. 
      Agora imos cunha serie dos cirrios aurasiáticos que, por certo, están a ponto de nos abandonar rumo aos seus cuarteis de invernada en África. A partir de agosto se vedes cirrios fóra da contorna dun humidal sospeitade do cirrio pálido (Apus pallidus), especie da que tamén temos colonias.

Cirrio eurasiático (Apus apus) co papo cheo de insectos

Cirrio eurasiático (Apus apus)

Cirrio eurasiático (Apus apus)


Cirrio eurasiático (Apus apus)

Cirro eurasiático (Apus apus)

 Sei que as fotos non son grande cousa (están recurtadas tamén). Porén, e tendo en conta as dificultades causadas polo cableado omnipresente no 90 % das tomas, estou máis que contento co resultado. Non teño dúbidas que se non fose polo maldito cableado tería sacado varias fotos moi, moi chulas. E falamos de cirrios e anduriñas, ollo. Teño moitas ganas de probar isto noutras condicións máis favorábeis. E non desboto facelo co Panasonic 100-300 mm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos