Logo do éxito de onte este mediodía voltei polo Basteiro na compaña de Manolo Rei coa intención de saber algo máis sobre a esmeralda de Curtis (Oxygastra curtisii). Cando marchaba volveu aparecer a femia do día anterior.
A nova da xornada foi a observación dunha nova especie de odonato para o Rego do Basteiro: a donceliña pequena (Coenagrion puella), con tres exemplares observados. Seguramente as dez "mercuriale" que vira ontes eran puella. Non vou modificar ese post por agora, non vaia ser que fiquen aínda donceliñas de Mercurio.
Donceliña pequena (Coenagrion puella)
Así de memoria penso que é a primeira vez que vexo dous Coenagrion diferentes na mesma localidade. Van unhas imaxes testemuñais desta cita, que supón a especie de odonato número 16 observada nun lugar tan cativo. Non está mal!
Donceliña pequena (Coenagrion puella)
Estiven mostrándolle a Manolo algunhas das especialidades do lugar.
Libélula celeste (Orthetrum coerulescens) macho
OM-1+ Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:200 V:1/320 F:7,1
Libélula celeste (Orthetrum coerulescens) macho
OM-1+ Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:200 V:1/400 F:5,6
Libélula celeste (Orthetrum coerulescens) macho
OM-1+ Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:200 V:1/250 F:7,1
- Emperador grande (Anax imperator)
- Libélula celeste (Orthetrum coerulescens)
- Lavacú escarlata (Crocothemis erythraea)
Libélula celeste (Orthetrum coerulescens) hembra ovopositando
Emperador grande (Anax imperator) femia ovopositando









Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos