Seguidores e seguidoras

xoves, 30 de xullo de 2026

Nova visita aos morcegos pequenos de ferradura (Rhinolophus hipposideros)

   Onte voltei á bodega onde está a colonia de morcegos pequenos de ferradura. Recibíronme Manuel e "Nordés", un pastor escocés encantador. Un can como Deus manda, ben educado (non como as consentidas mascotas dos urbanitas).

Parte da bodega onde está a colonia

    No fondo da bodega estaban os morcegos, dos que contaba xa trinta exemplares "independentes". Semella que algún dos novos que estaban pegados á nai dúas semanas atrás xa vai por libre.

Morcegos pequenos de ferradura (Rhinolophus hipposideros)


     Para fotografalos esta vez levei o equipo PRO. Porén, a mellora foi moito menor da esperado con respeito á Sony RX10 III. En parte porque as pilas da lanterna frontal xa van algo cascadas e o foco de luz menos potente non me permitía baixar o ISO. O problema principal vén porque os morcegos están colgados, pero non paran quietos! Os seus permanentes movimentos, moi rápidos e case espasmódicos, non permiten usar velocidades lentas como sería necesario.

Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:25600  V:1/250   F:5

Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:25600  V:1/160   F:5

   Parte da colonia estaba moi xuntiña. Vai unha foto de grupo. Por certo, aclarei moito todas as fotos, que ficaban bastante subexpostas. 

Morcegos pequenos de ferradura (Rhinolophus hipposideros)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:6400  V:1/100   F:4


Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:6400  V:1/250   F:4
  
Tentei baixar a velocidade de obturación pero era imposíbel con tanto movimento. Unha mágoa que a seguinte imaxe de grupo estea trepidada (1/100 seg era moito pedir).

Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm  f:5,6 (a 100 mm)   ISO:25600  V:1/100   F:5

     Na mochila tiña o flash externo que veu coa OM-1. Probablemente facilitaría moito as fotos, pero o fogonazo dun flash sigue a parecerme demasiado agresivo para fotografar fauna. Prefiro a suave luz dunha pequena lanterna, como fago coas noiteboas.

  Nestas últimas tomas (case iguais) semella que logrei un certo equilibrio entre sensibilidade, velocidade e foco. Xa digo que o procesado dos RAW con Lightroom foi moi importante, porque as condicións do momento non eran unha broma.

Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:6400  V:1/160   F:4

Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:6400  V:1/80   F:4

    De novo remato agradecendo a Manuel e Rocío a súa preocupación polo benestar dos morcegos que teñen na finca. Outros seguramente os botarían a escobazos porque "manchan". 

Paisaxe da contorna da colonia. Loira (Valdoviño)
OM-1 + Panasonic 14-42 mm  f:5,6  ISO:200  V:1/500   F:7,1

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos