Seguidores e seguidoras

xoves, 23 de xullo de 2026

Fotografando insectos en voo.

 Ontes tamén fotografei libeliñas en voo. Preferín reservalas para este post, por non facer excesivamente longo o anterior (a xente de hoxe ten pouca "pacencia" e canto máis breve/inmediata sexa a información mellor a asimilan).

Emperador grande (Anax imperator) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4  ISO:400  V:1/1000  F:5

  No Basteiro xa non quedan zigópteros (as libeliñas pequenas) e estes días únicamente vexo anisópteros tais coma Croccothemis erythraea, Orthetrum coerulescens e Anas imperator

   Se a fotografía de cirrios e anduriñas era complicada por mor dos omnipresentes cables eléctricos que dificultan o autofoco de seguemento, no caso das libélulas o problema resulta máis ben a nivel compositivo, por estar voando sempre entre xuncos ou sobre unha superficie chea de vexetación, que acaban molestando e desviando a atención do suxeito principal. A OM-1 non deixa de ter un sensor 4/3" (un APSC ou Full-frame posúen moito maior desenfoco). Por outra banda, e coñecendo isto, tiven a absurda ocorrencia de fechar diafragma a f.5, podendo empregar f:4. 

Emperador grande (Orthetrum coerulescens) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4  ISO:200  V:1/800  F:5

    Un macho de libélula celeste protexía á femia mentras ela ovopositaba, permanecendo estático. Porque descobrín que Orthetrum é moi protector. Os machos de emperadores dan algunha pasada vixiante, pero case sempre as femias poñen os ovos en solitario. Alomenos polo que estou a ver. Porén, os dous machos de libélula celeste que vin eran moito máis protectores nese delicado momento. Outros anisópteros, coma Sympretum, ovopositan en tándem, ao igual que os pequenos zigópteros tipo Coenagrion ou Pyrrhosoma. Un tema moi interesante que vou aprendendo.

Emperador grande (Orthetrum coerulescens) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4  ISO:200  V:1/1000  F:5

Emperador grande (Orthetrum coerulescens) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4  ISO:200  V:1/800  F:5

 Terminamos cun bicho pousado. Se víchedes a famosa película de Alien o oitavo pasaxeiro, que saibades que está baseada en casos reais. No noso Planeta tamén temos criaturas que paralizan presas para que servan de alimento ás súas crías. Por exemplo os himenópteros da familia Sphecidae, como esta vespa escavadora que fotograba no Basteiro, chamada funerarius precisamente pola cámara funeraria que crea, onde mete insectos aínda vivos.

Vespa escavadora (Sphex funerarius) alimentándose de pole
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4  ISO:200  V:1/800  F:5

  Os adultos aliméntanse do pole das flores. As larvas fano dos insectos paralizados que os adultos introducen nas galerías subterráneas onde se desarrollan. No caso de Sphex funerarius, e grazas ao seu grande tamaño, falamos de insectos coma eirugas, saltóns, relos ou langostas. Outras vespas deste tipo (Fam. Pompilidae) capturan mesmo tarántulas. 

  Xa sabedes, podemos denunciar ao mestre Ridley Scott por plaxio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos