Hai uns días o colega Carlos Sanjurjo Lastra informábame dunha nova con enorme interese ornitolóxico: a reprodución dunha parella de tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus) na ría de Ribadeo. Ademáis de darme a boa nova pedíame que o transmitise para que quedase documentado. Veño de subir a cita ao Noticiario Ornitoxeográfico da Sociedade Galega de Ornitoloxía e agora imos falar do tema en Bichos. Porque o asunto ben o merece.
Como sabedes a Ría de Ribadeo fai fronteira administrativa entre Galiza e Asturies. É unha ría estreita e de tamaño medio, mas conta con importantes masas de canaveira e xunqueira salgada na parte máis interior, que forma o estuario do río Eo.
Situación xeográfica da ría de Ribadeo
Esta tartaraña é a máis rara das tres que aniñan no noso país, con menos de cinco parellas reprodutoras nos territorios xa coñecidos de Ons-O Grove, P.N. de Corrubedo, Esteiros do Ulla ou do Miño. Este ano documentouse tamén un intento de nidificación na lagoa de Caque (Castro de Lea - Lugo) mas deduzo que fracasou, pola ausencia de datos posteriores en eBird. Por iso este novo territorio no estremo norte da provincia de Lugo é de suma importancia.
Carlos tivo a sorte de poder documentar numerosos episodios que confirman, sen xénero de dúbidas, o éxito na crianza este ano 2025. Animouse a facer un resumo que montou neste vídeo. Pasoume unhas capturas de pantalla para publicar no blogue (mellor abride o enlace para ver o vídeo, onde Carlos fai un excelente e moi bonito resumo cronolóxico).
Macho carrexando material para construción de niño
O día 27/04/2025 observaba por primeira vez como un adulto aportaba poliñas para o emprazamento do niño, situado na banda administrativamente galega da ría (as aves non entenden de fronteiras pero os Atlas de distribución si, me temo). Tamén observou á parella interactuando, o macho ofrecendo presas á femia e a ésta expulsando unha tartaraña cincenta (Circus pygargus) á que se lle ocorreu entrar no seu territorio.
Parella de tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus) en hábitat de reprodución
Macho carrexando un réptil (Anguis, Chalcides ou ofidio sp)
Adulto levando presa
O día 3 de agosto avistaba aos dous polos voando con bastante soltura, algo que leva a pensar a Carlos que xa saíran do niño días antes.
Voantóns de tarataraña das xunqueiras xogando en vóo
Voantóns galegos de tartaraña das xunqueiras
En fin, unha extraordinaria nova ornitolóxica, pola que dou os meus parabéns a Carlos Sanjurjo, que ademáis estará orgulloso por ter sido na ría de onde é nativo. A verdade é que sinto unha grande envexa e seguramente estou tan emocionado (ou mais) que o propio Carlos. Hai case corenta anos eu pensaba que na Frouseira tamén podería aniñar a tartaraña das xunqueiras.
Macho de tartaraña (captura de vídeo editada con Ligthroom)
Tal día coma un lonxano 10/05/1986 observaba por primeira vez un macho adulto en Valdoviño, que acompañaba á habitual femia do inverno. Naquela época non había a información de que se dispón agora e eu chegara pensar que aquel ano si había tomate. Pero finalmente non foi. Tratárase simplemente dun macho en migración, coma outros que pasaron en anos posteriores pola Frouseira. Mas nunca chegaron a nidificar.
Durante anos eu mantiven a esperanza, a ilusión adolescente, de que se concretase a cría daquela rapina fascinante na lagoa, algo que nunca sucedeu. Sempre pensei que o réxime mareal ou máis ben, o peculiar réxime hídrico desta lagoa, era o impedimento para que iso acontecese; a pesares de que Souza me ten informado de episodios de cría en humidais con réximes mareais igual ou máis fortes aínda (desde logo en Ribadeo tamén teñen diso).
Macho de tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)
Insisto nos meus parabéns ao Carlos. Porque esta confirmación de crianza é extraordinaria.
Magnifica nova!! Parabéns ós descubridores, e polo seguimento.
ResponderEliminarE grazas a ti tamén por compartilo. Unha aperta.
Juan Gómez
Grazas, Juan. Foi un pracer tomar parte na "compartición" (palabro que acabo de inventar).
EliminarUn abrazo. A ver nos vemos por Ferrol cando voltes por aquí.
Boas Xabi.
ResponderEliminarGústame moito como contaches esta historia nesta entrada do teu blog.
Reitero o meu agradecemento unha vez máis por difundir esta nova polos canais axeitados.
A observación en si mesma non ten mérito algún, foi unha casualidade ver ese macho levando polas para o niño, cando eu estaba a visitar a miña irmá e ó seu fillo, que foran a pasar o finde na casa de nosa nai, (agora pechada case todo o ano) e donde eu vivín ata o ano 2000.
Os meus coñecementos ornitolóxicos son moi limitados e, aínda que non ouvira falar desta especie reproducíndose nesa zona, non tiña nin idea de que fose un acontacemento tan extraordinario. Foron os meus compañeiros "paxareiros" os que me sinalaron a importancia do avistamento.
Mirando cara atrás agora, coa perspectiva que trae o paso do tempo, semella imposible ter crecido e vivido a miña xuventude nese ambiente e non ter apreciado a súa marabillosa natureza.
Aínda recordo cando cada ano, os veciños de Couxela na beira galega e os de Miou e Louteiro na asturiana, segaban moitas daquelas xunqueiras para usar o xunco como molido nas cortes do gado.
Cando esta práctica caeu en desuso, as xunqueiras cambiaron de aspecto e as canaveiras comezaron a gañar territorio. Penso que isto debeu de favorecer notablemente a biodiversidade deste espazo.
Na zona onde aniñaron, desembocaba un pequeno regato que, coas obras de ampliación da estrada, acabou dispersándose, dando lugar a un intrincado labirinto de pequenas canles e a formación dun pequeno ameneiral, onde crían tamén varias parellas de furamatos (Rallus aquaticus)
En fin..., agardamos que este non sexa un evento illado e que se repita nos seguintes anos, contribuindo a expansión da especie neste territorio.
Grazas de novo Xabi, e perdoa polo tostón.
Unha aperta,
Carlos Sanjurjo.
De "tostón" nada Carlos. Está moi ben aportar historias que contribúen a coñecer mellor o noso medio e a sua evolución.
EliminarO da sega das xunqueiras ou uso gandeiro era unha práctica común en todos os humidais litorais e de interior (mesmo en Cospeito ou Antela. Como dis, o abandono desa práctica trouxo un incremento da superficie de canaval (Phragmites communis, básicamente), a pñriori, un hábitat favorable para moitas aves acuáticas e paxaros asociados. Sen embargo tamén causou un incremento exponencial na superficie ocupada por vexetación leñosa, motivo polo que moitas antigas lagoas son na actualidade salgueirais pantanosos con nulo interese para acuáticas. Como o Carregal de San Xurxo (Ferrol) ou, dentro de puco, a lagoa de Cospeito. Por moita cubeta nova que teñan escavado.
Apertas e de novo parabéns. Teño a sensación que a tartaraña das xunqueiras está a colonizar Galiza, seguramente grazas ao aumento das súas poboacións na rexión de Castilla y León (ou Portugal?).
Hace un rato vi la cita en el NOG. Y, desde luego, es una noticia muy relevante: sin duda se trata de la cita de cría confirmada más detalladamente explicada y, literalmente, más "gráfica" que conozco para Galicia. Enhorabuena a Carlos Sanjurjo por avisar de este importante suceso y por el estupendo vídeo que lo documenta tan bien. Y, cómo no, a Xabi Prieto por esta entrada en su blog y por la descripción tan detallada, y concisa a la vez, que ha escrito para el NOG. Y que les vaya lo mejor posible a estas tartarañas nuestras, y "a ver si cunde el ejemplo" y la especie ocupa o reocupa unos cuantos humedales más.
ResponderEliminarGrazas, Jose. A verdade é que estou tan contento como se o descubrise eu. Como ben dis, a ver se "cunde el ejemplo". Na Frouseira teñen sitio dabondo.
EliminarUn abrazo, e alégrome de volver verte por aquí (espero que todo vaia ben).
Y otro de mi parte, Xabi. Noticias como ésta desde luego que no abundan en estos tiempos, y si vienen desde fuera del "círculo de veteranos", pues mucho mejor. Un fuerte abrazo.
EliminarGracias por la felicitación Jose.
EliminarComo ya dije anteriormente, mis conocimientos sobre las aves son muy básicos. Llegué a este mundo del "pajareo" de rebote de mi otra afición que es la fotografía, la cual fui dejando de lado y cambiando mi equipo a las cámaras bridge, mucho más adeudas para la observación de la naturaleza.
Mis colegas pajareros me advirtieron de la relevancia de la observación y esto hizo que me implicara más en el seguimiento de la pareja.
Por desgracia, dispongo de muy poco tiempo libre y hacía unas 3 visitas a la semana, a última hora de la tarde, cuando salía de trabajar, salvo algún finde que pude aprovechar mejor.
La ubicación del nido no permitía su observación desde ningún sitio, por lo cual no pude saber cuando se produjo la puesta ni el posterior desarrollo de la nidada.
Sólo veía al macho con frecuencia y a la hembra más raramente, lo cual me hacía albergar esperanzas de que la reproducción seguía adelante.
Pasaban las semanas y casi había dado por fracasado el intento. Mi hermana estaba con su hijo (Daniel, de 8 años de edad) de vacaciones en la casa de nuestra madre, muy próxima a la zona del nido y el sábado 2 de agosto, cuando llegué a visitarles,
Daniel corrió hacia mi, gritándome entusiasmado que había visto 3 laguneros e incluso en algún momento le pareció que eran 4.
No tardé en ver a un ave joven, y mi ignorancia me hizo creer que era una de las crías. Cuando compartí las imágenes con mis colegas me sacaron de mi error, haciéndome ver que ese obispillo blanco se correspondía con un A. cenizo, no un lagunero.
Al día siguiente pude observar claramente a los dos volantones y no me podía equivocar dos veces.
Me alegré mucho al confirmar el éxito de la reproducción, pero también me hizo mucha ilusión ver a mi sobrino implicado en el seguimiento del proceso, aunque su verdadera pasión es el futbol...
Siento una profunda admiración por la gente como tú o Xabi, que de verdad "controláis" el mundo de las aves y muchas veces he pensado cuanto me gustaría dar marcha atrás en mi vida y poder orientar mis estudios o mi trabajo a la conservación de la Naturaleza.
Ahora esperaremos con ilusión la llegada de la próxima primavera para ver si se repite el evento...
Un cordial saludo,
Carlos Sanjurjo.
Boas Xabi, este ano criou con éxito tamén na lagoa de Cospeito.
ResponderEliminarSaúdos
Ricardo Hevia
Ola, Ricardo.
EliminarPois non sabía. Estupendo. Publicouse nalgún sitio?
Pois non o sei se estará en EBird, pero parece que ó menos dous poliños voaron.
ResponderEliminarPerdóname por no contestarte antes, Carlos, pero estos últimos días los tengo un poco complicados, tanto por temas familiares como por asuntos "pajarológicos". Muchas gracias por tu detallada explicación. Ten claro que el número de visitas semanales que has realizado son más que de sobra para documentar la cría de especies de cierto tamaño como ésta, con un ciclo de nidificación de un mínimo de 70 días desde el inicio de la puesta hasta el vuelo de los pollos; lo que representaría más de 30 visitas durante todo el ciclo. E incluso para hacer seguimiento de casos de nidificación de paseriformes. ¡Esto es un seguimiento exhaustivo! Si puedes seguirlos así, podrás confirmar la cría o asegurar el fracaso, de darse el caso, sin duda alguna. Además, la observación a distancia es más que suficiente para este propósito con especies, como ésta, que son grandes pero no son comunes (de hecho, no sería legal actualmente acceder al nido de ésta o cualquier otra especie, al menos sin justificación y no contando con el permiso preceptivo). Te animo a que sigas así, que sin duda progresarás. Desde luego, de momento has hecho una importante contribución al conocimiento del lagunero en Galicia.
ResponderEliminarRicardo, tampoco yo sabía de esa cría en Cospeito. Qué bien, a ver si siguen así (aunque los patos y rálidas pueden resentirse un poco...). Un saludo para todos.