A semana pasada estiven a revelar unhas fotos tomadas no P.N. de Enciña da Lastra a unha das nosas aves máis difíciles de observar. Primeiro, pola sua limitadísima distribución na Galiza: uns cantos vales na conca do Sil con clima moi mediterránico (polo Támega penso que o había tamén). Segundo, pola sua enorme timidez. Por iso é moi complicado achegarse dabondo para le tomar unha foto boa, especialmente cuando as árbores de folla caduca, onde únicamente viven, recuperan a follaxe caída no outono.
Aldea de Pardollán (Rubiá). Ao fondo As Médulas
Sen embargo hai un lugar no citado parque natural onde a súa observación e mesmo fotografia resultan razonablemente doadas: o regato que baixa por Pardollán para desembocar no pai Sil. Pola marxe dereita deste pequeno val hai unha pista que vai cara Quereño. Eu aparco por onde podo e vou camiñando por esa pista prestando especial interese ás copas dos chopos (Populus nigra) e outras caducifolias, sobretodo de froita.
Bicogrosos europeos (Coccothrustes coccothraustes) en hábitat tipo
Cando digo "velos" refírome a velos con telescopio, porque falamos de 80,100 ou incluso máis metros de distancia, ollo. E cando falo de fotografalos refírome a fotografalos empregando un equipo potente, tipo cámara bridge de gama alta, digiscopping ou un equipo PRO. Aconsello non saír da estradiña, pois calquer intento de achegarse polos prados conlevará iremediablemente a fuxida dos bicogrosos.
Bicogroso europeo (Coccothrustes coccothraustes)
Canon SX60 (focal 1365 mm equiv) ISO:250 V:1/250 F:6,5
Bicogrosos europeos (Coccothrustes coccothraustes). Parte del grupo
Bicogroso europeo cantando
Canon SX60 (focal 1365 mm equiv) ISO:250 V:1/320 F:6,5
Bicogroso europeo (Coccothrustes coccothraustes)
Canon SX60 (focal 1365 mm equiv) ISO:250 V:1/200 F:6,5
Neste post hai dúas series de fotos. Unha tomada coa Canon SX60 en marzo de 2016. As imaxes conseguidas son bastante malas debido á enorme distancia que había, mas dun interese científico incuestionable. Porque vemos como se alimentan, como cantan e como se chegan a xuntar até 24 exemplares de bicogroso (nas imaxes non están todos os que contara).
En febreiro de 2020 voltaba coa Nikon P1000. Entón xa puiden sacar imaxes cunha resolución aceptable desde o ponto de vista do nivel de detalle dos paxaros. Cando tratamos fotografía de ultra distancia, a Nikon P1000 non ten máis rival que o diggiscoping.
Bicogroso europeo (Coccothrustes coccothraustes)
Nikon P10000 (focal 3000 mm equiv) ISO:250 V:1/250 F:8
Bicogroso europeo (Coccothrustes coccothraustes)
Nikon P10000 (focal 3000 mm equiv) ISO:140 V:1/250 F:8
Bicogroso europeo (Coccothrustes coccothraustes)
Nikon P10000 (focal 3000 mm equiv) ISO:110 V:1/250 F:8
Bicogroso europeo (Coccothrustes coccothraustes)
Nikon P10000 (focal 2400 mm equiv) ISO:100 V:1/320 F:7,1
Bicogroso movéndose en "modo mono"
Bicogroso europeo (Coccothrustes coccothraustes)
Nikon P10000 (focal 3000 mm equiv) ISO:360 V:1/320 F:8
Iniciamos así una nova sere de entradas adicadas a restaurar imaxes que no seu momento editei co equipo anterior (un equipo "a pedais", dime sempre Manolo). Unha edición cutre que desmerece moito a calidade que realmente ofrecían as maravillosas bridge 1/2,3". Co tempo entenderedes a qué me refiro.
PD: Agora saíde coa vosa cámara, buscade un paxaro situado a cen metros de distancia e tomade unha foto. Despois mirades en qué quedou. Iso chámase "ultra zoom".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos