Seguidores e seguidoras

xoves, 4 de decembro de 2025

Restaurando fotos antigas: mergo grande (Mergus merganser)

  Seguimos a "restaurar" arquivos RAW co novo equipamento. Hoxe toca o mergo grande, outra anatídea bastante rara por aquí, que o inverno pasado fixo unha visita á lagoa de Valdoviño. A segunda que eu teña visto logo da histórica invernada de 1986/1987.

 Estas fotos foron tomadas coa Nikon P950, a cámara que tivo o paso máis breve polas miñas maos: pouco máis de tres meses, pois lla vendín, prácticamente nova, a Lucas Rouco (espero que che vaia ben con ela, rapás). A diferenza da Nikon P900 a P950 si ten formato RAW, algo que, como vedes, resulta importantísimo de cara ao futuro.

    Imos logo coa re-edición do mergo grande:

Mergo grande (Mergus merganser) femia
Nikon P950 (focal 2000 mm)   ISO:200   V:1/320   F:6,5

Mergo grande (Mergus merganser) femia
Nikon P950 (focal 1400 mm)   ISO:800   V:1/500   F:6,3

  Días máis tarde volvín observalo coa Sony RX10 III (durante a visita do mestre Souza, por certo), pero máis lonxe. Foi unha mágoa que nesta primeira ocasión na que o mergo grande estaba tan perto tivese a cámara co sensor máis cativo, porque o nivel de detalle non é o mesmo ca nun sensor maior, lóxicamente. Se chego ter a OM-1 co 300 f:4 saco as fotos da miña vida....

Mergo grande (Mergus merganser) femia
Nikon P950 (focal 1800 mm)   ISO:200   V:1/500   F:6,3

Mergo grande (Mergus merganser) femia
Nikon P950 (focal 1500 mm)   ISO:200   V:1/320   F:6,3

Mergo grande (Mergus merganser) femia
Nikon P950 (focal 1500 mm)   ISO:200   V:1/320   F:6,3

Mergo grande (Mergus merganser) femia
Nikon P950 (focal 1600 mm)   ISO:200   V:1/320   F:6,3

Mergo grande (Mergus merganser) femia
Nikon P950 (focal 1500 mm)   ISO:200   V:1/320   F:6,3

2 comentarios:

  1. Boas Xabier .
    Ando moi contento coa cámara a verda, incluso para cousas que non son paxarada .
    As foto do mergo na illa de area.... moi chulas!
    Un saúdo.
    Lucas Rouco

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome. Pero lembra que a fotografía conleva unha aprendizaxe de anos. E primeiro cómpre coñecer ben a cámara. O mestre Fran Nieto (fotógrafo profisional autor de varios libros) dixérame unha vez que cando temos os controis e menús da máquina totalmente controlados é cando empezamos a facer fotografía de verdade porque é cando podemos concentrarnos na composición, exposición, etc. Da mesma maneira que cando conducimos un veículo non cambiamos de marcha mirando para o pedal do embrague e para a palanca de cambios, senón que o facemos automáticamente mentras seguimos ollando para a estrada. Sempre me pareceu unha definición moi atinada.
      Apertas.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos