Seguidores e seguidoras

venres, 12 de decembro de 2025

R.A.F. picapeixe e pedreiro do deserto

 A continuar coa serie R.A.F. (Restaurando Fotos Antigas) hoxe imos con imaxes de picapeixe común. Comezamos forte, cunha serie tomada en febreiro de 2020 en Pontedeume, coa Nikon P1000.

Picapeixe común (Alcedo atthis)
Nikon P1000 (focal  2600 mm)    ISO:500    V:1/250   F:7,1

Picapeixe común (Alcedo atthis)
Nikon P1000 (focal  2600 mm)    ISO:560    V:1/125   F:7,1

Picapeixe común (Alcedo atthis). Autodisparo sobre apoio (baranda de madeira)
Nikon P1000 (focal  3000 mm)    ISO:400    V:1/80   F:8


Picapeixe común (Alcedo atthis). JPEG
Nikon P1000 (focal  1700 mm)    ISO:720    V:1/160   F:6,3

  Por desgraza aquel día tardei en darme conta que tiña a cámara configurada para JPEG. A toma anterior e a seguinte (a mellor de todas) foron feitas só nese formato comprimido. Pouco puiden melloralas e por iso as subo algo recurtadas.

Picapeixe común (Alcedo atthis). Autodisparo sobre apoio, procedente de JPEG
Nikon P1000 (focal  3000 mm)    ISO:320    V:1/50   F:8
  
Do resto xa tiña copias en RAW.

Picapeixe común (Alcedo atthis). Autodisparo sobre apoio (baranda de madeira)
Nikon P1000 (focal  3000 mm)    ISO:200    V:1/80   F:8

  Cambiamos de lugar e de cámara. Pasamos á lagoa da Frouseira e á miña querida Canon SX60, unha bridge pequena, lixeira, mas sempre resultona. Tiven o sentido común de gardar algúns RAW que agora podo editar como se merece este paxaro espectacular.

Picapeixe común (Alcedo atthis)
Canon SX60 (focal  1365 mm)    ISO:250    V:1/200   F:6,5

Picapeixe común (Alcedo atthis). Valdoviño 13/09/2016
Canon SX60 (focal  1365 mm)    ISO:400    V:1/160   F:6,5

 E xa que falamos da Canon SX60 rematamos coa foto dunh raridade. Xamáis me veredes cruzar o país todo só para ir ver un abetouro bruón a Baldaio ou unha gaivota das pradarías a Xove; pero se o bicho  está onde eu vou pois presta velo, claro que si.

Pedreiro do deserto (Oenanthe deserti). Ortigueira 28/11/2015
Canon SX60 (focal  1365 mm)    ISO:320    V:1/200   F:6,5

 Espero que esteades a gostar destas fotos antigas, moito mellor editadas agora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos