Seguidores e seguidoras

domingo, 14 de decembro de 2025

R.F.A. Sisón (Tetrax tetrax), crónica dunha extinción silenciosa

 Dentro das fotos que tiña pensado revelar de novo tiñan máxima prioridade unha serie que tomei a un sisón (Tetrax terax) en xuño de 2020. Daquela non o sabía pero sería a miña última observación da especie, que desde hai uns anos se atopa en proceso de extinción no noso país.

Sisón (Tetrax tetrax) no seu hábitat da Terra Chá
Nikon P1000  (focal 235 mm equiv)   ISO:125   V:1/250   F:5,6

  Na mañá do 14/06/2020 tiven a fortuna de poder fotografar a pracer a un macho de sisón que marcaba territorio e cantaba nos prados de Cospeito, húmidos pola chuvia caída na madrugada anterior (todas as fotos teñen un pequeno recurte para reencuadre).


Sisón (Tetrax tetrax)
Nikon P1000  (focal 3000 mm equiv)   ISO:220   V:1/320   F:8

Sisón (Tetrax tetrax) cantando
Nikon P1000  (focal 2600 mm equiv)   ISO:250   V:1/400   F:7,1

  Un falcón peregrino puxo en alerta ao sisón, mas finalmente quedou no sitio.

Sisón (Tetrax tetrax) asustado ante presenza de falcón peregrino
Nikon P1000  (focal 1600 mm equiv)   ISO:100   V:1/250   F:6,3

Sisón (Tetrax tetrax)
Nikon P1000  (focal 2000 mm equiv)   ISO:160   V:1/250   F:6,3

  Todas as fotos foron sacadas coa Nikon P1000, unha bridge de sensor 1/2,3" e focal equivalente a 24-3000 mm. Aproveito para recordar aos usuarios desta máquina que non pasen dos 2600 mm de focal. Por casualidade tirei dúas imaxes moi semellantes daquel sisón, unha a 3000 e outra a 2600 mm. Ambas teñen o mesmo revelado.

Sisón (Tetrax tetrax). Toma a 3000 mm de focal
Nikon P1000  (focal 3000 mm equiv)   ISO:220   V:1/320   F:8

Sisón (Tetrax tetrax). Toma a 2600 mm de focal
Nikon P1000  (focal 2600 mm equiv)   ISO:280   V:1/320   F:7,1

  Lóxicamente, e como calquera outra equipa fotográfica, a P1000 vai mellor se traballamos con focais intermedias, neste caso digamos 1500-2000 mm.

Sisón (Tetrax tetrax)
Nikon P1000  (focal 2000 mm equiv)   ISO:140   V:1/320   F:6,3

Sisón (Tetrax tetrax)
Nikon P1000  (focal 1500 mm equiv)   ISO:180   V:1/250   F:5,6

 Outra especie que se nos foi case sen darnos conta. Unhas polo cambio climático, outras pola transformación da paisaxe, outras pola presenza de novos depredadores,... Cando falo cos colegas da miña quinta (ou máis veteranos) sempre coincidimos no rápido que sucedeu todo. E de repente, daste conta: non hai cucos, non hai pardais monteses, non hai papuxas comúns, non hai paspallás, non hai tartarañas, non hai galiñas de río, non hai galos de auga e, por desgraza, non hai sisóns. Unha das aves máis emblemáticas das comarcas da Limia e a Terra Chá, non hai tantos anos das mellores zonas para a biodiversidade en Galiza. Manda carallo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos