Seguidores e seguidoras

venres, 5 de decembro de 2025

Restaurando fotos antigas: mergullete común (Tachybaptus ruficollis)

     Tiña moitas ganas de revelar estas fotos co novo software e co novo hardware. Trátase de mergulletes comúns fotografados no encoro das Forcadas (Valodoviño) en 2020 coa Nikon P1000. A primeira cun ISO alto dabondo para un sensor pequeniño.

Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)
Nikon P1000 (focal 2600 mm)   ISO:1100    V:1/320    F:7,1

  Falando de pequenos, agora ven un poliño, tamén con ISO moi alto.

Mergullete común (Tachybaptus ruficollis). Polo de curta idade
Nikon P1000 (focal 2600 mm)   ISO:1100    V:1/320    F:7,1

   Terminamos coas dúas mellores tomas que fixen á especie nestes anos como fotógrafo afeizoado. Sempre me pareceran que estaban moi logradas. Agora que as vexo reveladas como Deus manda pois confirman o que sempre afirmei: que unha boa bridge ben manexada (e nas condicións de luz/distancia apropiadas) pode dar resultados comparables ou mesmo superiores a equipos reflex de gama media ou baixa.

Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)
Nikon P1000 (focal 2000 mm)   ISO:280    V:1/250    F:6,3

Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)
Nikon P1000 (focal 2000 mm)   ISO:280    V:1/250    F:6,3

  Lembrade abrir as fotos con dobre click. Non teñen nada que ver coas publicadas en 2020. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos