Seguidores e seguidoras

sábado, 27 de decembro de 2025

Tordos rubios e úbalos en Moeche

  Nas últimas semanas tiña detectado tordos rubios e úbalos nas Regas de Casalousada. Esta mañá puiden confirmalo mediante fotografías. 

  Moeche recibíume cunha xeada máis suave da esperada (0ºC, nin frío nin calor). Debido ás "malas influencias" agora teño tics de fotógrafo e levei o corpo Panasonic G7 co obxectivo curto para tomas de paisaxe. Empreguei o tripé, lóxicamente.

Val de Moeche. Autodisparo sobre tripé
Panasonic G7 + Pana 14-42 mm  f:5,6  ISO:200   V:1"   F:8

Val de Moeche. Autodisparo sobre tripé
Panasonic G7 + Pana 14-42 mm  f:5,6  ISO:200   V:1/8   F:10

Cambiando a "modo naturalista" imos coas observacións máis interesantes:
  • Un gabián eurasiático (Accipiter nisus)
  • Unha curuxa común (Tyto alba) perto da A.R. de Lamas. Desta vez non hai foto (non todos os días vai ser festa)
  • Un cetia das ribeiras (Cettia cetti)
  • 30 Tordos rubios (Turdus iliacus). Hai semanas que os detectara. Hoxe puiden fotografalos
  • + Picas dos prados (Anthus pratensis). É posible que teñamos na zona unha pica de Richard (Anthus richardi). A semana pasada saltoume a ID en Merlin dúas veces cando andaba a fotografar as dos prados. E non lonxe dalí observei un exemplar de Richard o 16/04/2016 (preme). Agora na maoría das saídas non levo máis óptica que as cámaras.
  • 2+ Escribidores riscados (Emberiza cia), invernando no mesmo sitio que o ano pasado
  • 80 Úbalos eurasiáticos (Spinus spinus). Tardábame volver a ver o típico grupiño entre as copas dos ameneiros

Gabián eurasiático (Accipiter nisus) macho. Toma testemuñal

   Tamén outras aves máis habituais. Cos ferreiros reais estiven a probar o enfoque selectivo, algo moi complicado cando un paxaro tan pequeno se move entre as poliñas dunha árbore ou arbusto. Segue a ser difícil mas nada que ver cunha bridge, evidentemente. De todas formas se o paxaro está lonxe e a contraluz tampouco se poden facer milagres.

Ferreiro real (Parus major)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4   ISO:3200   V:1/100   F:4

Ferreiro real (Parus major)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4    ISO:1600   V:1/80   F:4

Ferreiro real (Parus major)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4    ISO:3200   V:1/100   F:4,5

  A estabilización sincronizada desta equipa segue a fascinarme; sete pasos, disque. Unha mágoa que todas as aves deste post estivesen moi lonxe, mesmo co MC1,4x (as fotos van con recurte).

Carriza eurasiática (Troglodytes troglodytes)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4     ISO:1600   V:1/50   F:4

Paporrubio (Erithacus rubecula)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x  f:5,6    ISO:1600   V:1/125   F:5,6

Escribidor riscado (Emberiza cia)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x  f:5,6    ISO:800   V:1/160   F:5,6

    Durante é o inverno unha das esceas máis habituais nas ripisilvas fluviais son os grupos de úbalos alimentándose coas sementes que teñen os ameneiros (Alnus glutinosa). En anos fríos resulta habitual ver bandos de ata centos de úbalos.

Úbalos eurasiáticos (Spinus spinus)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:800   V:1/500   F:6,3


    Fotografalos non é tan doado, pois non paran quedos. Porén, é una paseriforme moi fácil de identificar, mesmo sen binoculares. Ten aspecto e forma de xirín ou verderolo (é un frinxílido, coma eles), mas compórtase coma un ferreiriño, mostrándose moi activo e colgándose cabeza abaixo nas "piñas" dos ameneiros, ao igual que fan os páridos. Os machos, de cor amarelo limón, posúen un característico curuto negro na cabeza

Úbalo eurasiático (Spinus spinus) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:400   V:1/320   F:6,3


Úbalo eurasiático (Spinus spinus) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:1600   V:1/800   F:6,3

  A ver se un día destes os collo mellor; igual ca os tímidos tordos rubios, dos que contei un mínimo de trinta exemplares no mesmo sitio do ano pasado.

Tordo rubio (Turdus iliacus). Toma recurtada
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:1600   V:1/320   F:5,6

  A verdade é que con aves tan fuxidías, e se non falamos de fotografía en hide, o mellor é unha bridge de focal gorda. Cando un paxaro está a 30 ou 40 m de distancia non hai coma a P1000, ou algo así.

Tordo rubio (Turdus iliacus)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:800   V:1/400   F:6,3

Tordo rubio (Turdus iliacus)

  Ún dos tordos saíu voando mentras disparaba. Na toma vese ben por qué se chama tordo rubio en galego. Esas axilas laranxas son diagnósticas da especie no noso país.

Tordo rubio (Turdus iliacus)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x   f:5,6   ISO:800   V:1/500   F:6,3

  Rematamos con algo diferente. Dúas capturas de pantalla que tomei do visor de Meteogalicia. Pertencen á cámara que ten situada a estación meteorlóxica de Lardeira (1.620 msnm). Falamos dun servizo público que pagamos cos nosos impostos, así que temos dereito a usar as imaxes, digo eu.

  Á esquerda vemos a imponente cordal de Pena Trevinca (2.124 msnm), o cume máis alto de Galiza. Á dereita, e moi lonxe, o Macizo Central ourensán de Cabeza de Manzaneda (1.781 msnm). Escollín dúas imáxenes do mesmo día de Nadal (25/12/2026) mas con luz diferente. 


Vistas desde a estación meteorolóxica de Lardeira (Ourense)
Fonte: Meteogalicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos