Non me afago a ver cullereiros na ría, e ponto. As primeiras aparicións nos grandes intermareais da Malata, A Gándara ou Neda semellaban ata "normais", pero isto de velos en calquer recuncho que visito pois segue a sorprenderme. Neste caso trátase dunha sorpresa agradábel, desde logo.
Cullereiro (Platalea leucorodia) en Barallobre (Fene)
Sony RX10 III (focal 54 mm equiv) ISO:400 V:1/160 F:4,5
Hoxe un cullereiro alimentábase baixo o peirao de Barallobre, concello de Fene. Cos estaleiros de Navantia-Fene e o barrio de Caranza-Ferrol coma fondo. Insólito.
Cullereiro (Platalea leucorodia)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv) ISO:1600 V:1/250 F:5
Cullereiro (Platalea leucorodia)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv) ISO:1600 V:1/250 F:5
Levaba a Sony RX10 III e tiven que subir a ISO1600, unha sensibilidade que na OM-1 está no rango óptimo, pero que neste sensor de polgada xa comeza ter unha perda de calidade importante. Porén, o cullereiro estaba moi tranquiliño e permitíume unhas tomas bastante chulas desde as escaleiras que baixan do peirao á ribeira.
Cullereiro (Platalea leucorodia)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv) ISO:1600 V:1/250 F:5
Cullereiro (Platalea leucorodia)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv) ISO:1600 V:1/250 F:5
Cullereiro (Platalea leucorodia)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv) ISO:800 V:1/200 F:4,5
Polo mesmo prezo, un grupiño de garzas boieiras alimentábanse nun campeiro de "Barallobre capital". Outro pequeno curto-circuito para este obsoleto ornitólogo. Novidades interesantes mas inimaxinábeis hai só dez ou vinte anos.
Garza boieira (Ardea ibis)
Sony RX10 III (focal 54 mm equiv) ISO:800 V:1/200 F:4,5
Xuro que non coñezo de nada "Pinturas y revestimientos RCD" pero se precisades dalgunha reparación na vosa vivenda e vivides pola zona xa sabedes a quen chamar.
Pinturas y revestimientos RCD
Bichos apoiando as empresas locais








Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos