Seguidores e seguidoras

martes, 23 de decembro de 2025

E despois da neve... as aves

     Semella que este inverno vai ser inverno, o cal xa é noticia nestes tempos que corren. A neve chegou con ganas á montaña galega. 

Cámara da estación de Ancares (Lugo), a 1364m. snm ontes
Fonte. Meteogalicia

   Probablemente eu xa non volva ver nevar en Ferrol (a última vez foi en 1994, sen callar as folerpas). Confórmome con que volte algunha vez ás cativas serras litorais da comarca, coma Forgoselo ou Faladoira, serras que pertencen ao que técnicamente se coñece coma "piso colino" (até 600 m).

Serra do Forgoselo (07/02/2018)
Sony RX10 III (focal 40 mm equiv)   ISO:160   V:1/160   F:9

Serra do Forgoselo
Sony RX10 III (focal 88 mm equiv)   ISO:64   V:1/40   F:13

   Na Galiza, o cuadrante nordés (entre Ancares, Fonsagrada e Xistral), xunto coa serra do Eixo/Trevinca son as zonas que actualmente teñen maiores "boletos" para que caia neve. No resto do país xa case non neva, ata o ponto que a Estación de Montaña de Manzaneda vive do turismo convencional, máis que do turismo da neve.


  Polo norte galego a neve segue a chegar, máis ou menos...

Serra do Xistral (01/02/2015)
Canon SX50 (focal 24-1200 mm equiv)   ISO:100   V:1/320   F:6,3

Serra do Xistral
Canon SX50 (focal 24-1200 mm equiv)   ISO:80   V:1/250   F:6,3

   Nos próximos días, o corredor de NW procedente de Groenlandia (moi húmido) vai mudar a un corredor de compoente NE (de Siberia), con ar máis frío e tamén máis seco. Este nordés adoita traer nevaradas ao cuadrante NE peninsular, mas a Galiza o que trae é tempo seco, de moita xeada (agás na mariña de Lugo e o mencionado Xistral, onde choverá e nevará algo). Tamén levará mais frío ao occidente europeo.

Previsión meteorolóxica para as próximas xornadas

   Ornitolóxicamente falando, todo este rollo tradúcese en que nas próximas semanas haberá novidades de interese. E cando falo de novidades de interese non me refiro a unha lavandeira rara ou a unha limícola neártica (iso son "accidentes migratorios" descubertos grazas a que agora hai moita xente que se dedica únicamente a detectar eses accidentes, que cada día me parecen máis irrelevantes). Refírome a entrada de aves invernantes comúns que fuxen en masa das áreas afectadas por estas vagas de frío: avefrías, píldoras douradas, tordos malvises, tordos reais, pimpíns do norte, etc. Non só de Europa Central, senón das serras e áreas mesetarias peninsulares, onde as temperaturas se volven realmente xélidas nestas situacións.

  A ver se este inverno tenos unha invernada importante. Ten pinta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos