Hoxe tocou visita á lagoa da Frouseira, que volve estar aberta. Unha condición necesaria para a sedimentación de acuáticas migrantes se os ventos son favorábeis. Hoxe non o eran.
Saquei o telescopio para facer un censo (agás patos):
- + Patos cincentos (Mareca strepera)
- 1 Asubión común (Mareca penelope)
- + Lavancos reais (Anas platyrhynchos), entre eles 5-6 femias con polos (4 medianos, 3 pequenos, 10 pequenos, 7 grandes, 5 medianos e + ?, non vistos ben)
- 1 Zurrasca eurasiática (Rallus aquaticus) escoitada
- 1 Galiña de auga común (Gallinula chloropus) escoitada
- 1 Galo de auga común (Fulica atra) no sector SE. A lagoa estivo pecha en abril e quizá se anime algunha parella. Haberá que estarmos atentos
- 11 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
- 2 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
- 3 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficolis)
- 2 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
- 2 Garzas brancas pequenas (Egretta garzetta)
- 1 Garza boieira occidental (Ardea ibis)
- 2 Garzas brancas grandes (Ardea alba)
- 2 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 2-3 Garzas vermellas (Ardea purpurea)
Lavancos reais femias con pitos
Xusto cando cheguei as garzas brancas grandes estaban moi perto. Pero mentras facía o varrido co teles marcharon a outra zona da lagoa, moito máis lonxe.
Garzas brancas grandes (Ardea alba)
Garza branca grande
Garza branca grande
Garza branca grande (Ardea alba)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/320 F:4
Garza branca grande (Ardea alba)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/500 F:4,5
Sucedeu algo parecido cunha das garzas vermellas, pousada na Lapela durante o reconto de acuáticas e que depois só puiden fotografar en vóo.
Garza vermella en vóo
Garza vermella
Polas fotos, estes exemplares de hoxe semellan non adultos de segundo ou terceiro ano. En calquer momento podemos ter unha sorpresa coa especie, cada vez máis frecuente.
Garza vermella (Ardea purpurea)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:3200 V:1/640 F:4
Eu non tiven moita sorte e todas as fotos destas bonitas garzas foron desde lonxe. Pola mañá veu a casa José Ramón Castro e me deixou a tarxeta da súa cámara para que escollese e editase as fotos que quixera. El pillounas mellor coa Nikon P1000 (unha cámara que me comprou a min).
Garzas brancas grandes e garza vermella
Garza vermella
Nikon P1000 (focal 24000 mm equiv.) ISO:100 V:1/250 F:8
Garza vermella e garza branca grande
Nikon P1000 (focal 1600 mm equiv.) ISO:100 V:1/320 F:8
Esta fotografía serve para lembrar que o mascotismo segue a ser ún dos principais problemas medioambientais galegos, especialmente en espazos naturais coma praias e lagoas. A clase política, os axentes da Xunta e as forzas de orde son todos cómplices directos. A min non me enganan.



















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos