Seguidores e seguidoras

venres, 8 de maio de 2026

En Zamora co G.N. Hábitat: lagoas e cegoñelas común

   Hoxe imos coas acuáticas de Villafáfila, cuxo nível hídrico estaba moi alto (ao 100% segundo ún dos guardas). A estas alturas do ano iso é moi bon porque garantiza auga durante todo o período reprodutor. Porén implica que as aves están moito más espalladas. Quizá foi a causa de que houbese tan poucas nas lagoas principais. Non obstante notamos igualmente a ausencia de pasaxe migrante, que debía ser moitísimo maior a primeiros de maio.



Distintas panorámicas da lagoa "Salina Grande"
Sony RX10 III (focal 90 mm equiv.)  ISO:100  V:1/800   F:5,6

    O bon de ter levado a bridge é que resulta moito máis cómoda para alternar fotos de bichos e tomas de paisaxe, por non ter que cambiar o obxectivo. Ademáis, a RX10 III ten selado contra salpicaduras, e en Villafáfila choveunos varias das xornadas.

"Negras tormentas agitan los aires, nubes oscuras nos impiden ver"

Lagoa de "La Rosa", actualmente con moi poucas augas libres

Lagoa de "Barillos"

  Tamén visitamos o centro de interpretación, ou "Casa del Parque", como se chama oficialmente. É un lugar moi interesante porque ten observatorios cubertos para días de chuvia e ademáis permite observar e fotografiar especies que nas lagoas principais están moi ou extremadamente lonxe. Cando estábamos no observatorio do sur caeu unha boa treboada.


Lagoa do sur na "Casa del Parque"

Observatorio coa pasarela de pedras (de frente ás esquerda niño de cegoñela)

Outra lagoa na "Casa del Parque"
Sony RX10 III (focal 50 mm equiv.)  ISO:64  V:1/400   F:5,6

Sony RX10 III (focal 280 mm equiv.)  ISO:64  V:1/400   F:5,6

  A verdade é que non censamos apenas nada (a excursión non era para iso tampouco). Entre Alén, Damián e mais eu sacamos algunhas cifras parciais moi cativas de varias especies digamos "fáciles" (non fomos á EDAR de tarde, ollo). Por exemplo:
  • 32 + Gansos bravos (Anser anser). Varios adultos con polos
  • 64 + Tadornas brancas (Tadorna tadorna) adultos. Unha parella con 5 pitos na S.G.
  • 1 Pato rabilongo (Anas acuta)
  • 31 + Parrulos eurasiáticos (Aythya ferina)
  • 6 Parrulos cristados (Aythya fuligula) na "Casa del Parque"
  • 83 + Galos de auga (Fulica atra). Unha parella con pitos de poucos días
  • 97 + Cegoñelas (Himantopus himantopus)
  • 26 + Avocetas (Recurvirostra avosetta). Na zona de máxima concentración non puidemos ver nada pola fortísima reverberación que había cando estivemos por aló. Aínda así parécenme moi poucas para estas datas
  • 3 Píllaras pequenas (agora Thinornis dubius, ollo)
  • Só 8 avefrías choromicas (Vanellus vanellus). Como lo cuento...
  • 9 Combatentes (Calidris pugnax)
  • Varias pilros (Calidris alpina/ferruginea)
  • 306 + Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • 2 Gaivotas de cabeza negra (Icthyaetus melanocephalus)
  • 28 + Carráns de bico curto (Gelochelidon nilotica). Moitos máis cazando en campo aberto
  • 10 Gaivinas de cara branca (Chlidonias hybrida)
  • 8 Gaivinas negras (Chlidonias niger)
  • 10 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus) na S.G.
  • 25-30 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Convén recordar que alí esta especie é reprodutora, non invernante coma en Maniños
  • 22 Cullereiros (Platalea leucorodia)
 Vimos moitas máis cousas pero referente a acuáticas isto foi o máis salientábel.

Gansos bravos (Anser anser) na "Casa del Parque"
Sony RX10 III (focal 600 mm)  ISO:100   V:1/400   F:4

Tadornas brancas (Tadorna tadorna) en Barillos

Parrulos cristados (Aythya fuligula) no centro de interpretación

Parrulos eurasiáticos (Aythya ferina) en "La Fuente"

Galos de auga comúns (Fulica atra) na lagoa "Salina Grande"

Avoceta común (Recurvirostra avosetta)

Cegoñela común (Himantopus himantopus) en niño

Píllara pequena (Thinornis dubius)

Carráns de bico curto (Gelochelidon nilotica)
Sony RX10 III (focal 540 mm equiv.)  ISO:100   V:1/800   F:5,6

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia) en "La Fuente"

Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus)
 
   Hoxe a protagonista do post vai ser a cegoñela. Limícola emblemática de Villafáfila, onde conta cunha das suas principais colonias do noroeste peninsular.  Mágoa non ter a OM-1 co 300 f:4....

Cegoñela común (Himantopus himantopus)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:100   V:1/800   F:4

Cegoñela común (Himantopus himantopus)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:100   V:1/640   F:5

Cegoñela común (Himantopus himantopus)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:100   V:1/800   F:4

Cegoñela común (Himantopus himantopus)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:100   V:1/800   F:4

Cegoñela común (Himantopus himantopus)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:100   V:1/640   F:5

Cegoñela común (Himantopus himantopus)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:100   V:1/800   F:4

Cegoñela común (Himantopus himantopus)
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv.)  ISO:100   V:1/800   F:4

  E con esta beleza rematamos por hoxe (espero non ter cometido tantas grallas ortográficas como no anterior post). Se teño tempo hei subir unha última entrada sobre, adicada aos entornos máis antrópicos. Porque en Zamora as zonas habitadas tamén gardan sorpresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos