Definitivamente non podo voltar xamáis ao delta do Ebro. Penso que non disporía de tempo material para editar e publicar as fotos que aló tomaría. Así de forte está a darme o da fotografía. Claro que co novo equipamento dá gosto.
Unha das melloras máis importantes é a redución do ruido, infinitamente máis rápida agora. O maior tamaño e calidade do monitor permite ademáis apreciar detalles que antes non podía. Vamos, case defruto máis coa edición das fotos que coas propias observacións.
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:12800 V:1/160 F:5,6
Agora levo moitas veces o Pana 100-300 mm. Desde logo a diferenza de prezo con respeito ao Zuiko 100-400 (case tres veces máis nalgunha web!) paréceme disparatada.
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:12800 V:1/160 F:5,6
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:12800 V:1/160 F:5,6
Este ano voltou a lavandeira enloitada que botou o inverno pasado en Barallobre. A ésta fotografeina co Zuiko por aquilo de darlle uso tamén.
Lavandeira enloitada (Motacilla alba yarrellii)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:32000 V:1/640 F:7,1
Lavandeira enloitada (Motacilla alba yarrellii)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/400 F:7,1
Lavandeira enloitada (Motacilla alba yarrellii)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:32000 V:1/640 F:7,1
Lavandeira branca (Motacilla alba)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/500 F:7,1
Xílgaros (Carduelis carduelis) e picafollas europeo (Phylloscopus collybita)
OM-1 +Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:6400 V:1/320 F:7,1
Fermosos paxariños, verdade? Pois todos eles están ameazados polos gatos que a diario patrullan incansábeis os peiraos e xardineiras da ría. Un problema ecolóxico moi grave que semella ir en incremento por toda Europa nos tempos escuros que nos toca vivir, en que as mascotas posúen máis dereitos que a fauna salvaxe, que a Natureza e mesmo cós propios seres humanos.









Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos