Seguidores e seguidoras

martes, 4 de novembro de 2025

Un regaliño para "subscritores": fondos de escritorio, de balde

     Logo de renovar o equipamento informático estou a reeditar algunhas fotos de paisaxe que pasaron por este blogue. Moitas delas procedentes de arquivos JPEG xa recurtados, algo que se nota na menor calidade.  Porén algúns RAW ou JPEG orixinais quedaron mais que ben. Desde logo gosto máis delas que desas fotos horríbeis de New York que che ofrece Windows coma fondo de escritorio. Así que para celebralo vos regalo a todos os seguidores e seguidoras unhas cantas destas imaxes (sen marca de auga) por se queredes empregalas coma fondo. Case todas a 1080x1920 p, que é a resolución do meu monitor de 24 polgadas. 

    Só tedes que clicar en "abrir imaxen" e descarregala para usar coma fondo de escritorio.  A primeira é unha das miñas favoritas. Non lembraba que a tomara co Tamron, por certo. Unha auténtica lástima non dispór do RAW orixinal...Ben , déixovos con esta serie de paisaxes "fondo de pantalla", que tamén supón un repaso por moitas das cámaras que empreguei durante estes anos. 

                                Nubes de tormenta en Villafáfila (11/10/2012)  1080x1728 p
              Canon EOS 500D + Tamron SP VC 70-300mm f:5.6   ISO:100   V:1/800   F:10

Villafáfila en primavera   1080x1920 p
Sony RX10 III (focal 60 mm equiv)   ISO:160   V:1/250   F:8

Atardecer en Villafáfila  1080x1728 p
Parámetros descoñecidos

"Los Álamos". Villafáfila (26/11/2011)  1080x1620 p
Fuji HS10 (24-720 mm equiv)    ISO:100   V:1/300    F:8

Villafáfila (24/02/2012)  1080x1920 p
Canon EOS 500D + Canon 70-300 mm  18-55  f:6,3    ISO:200   V:1/500    F:13

Atardecer en Villafáfila (24/02/2012)  1080x1920 p
Canon EOS 500D + Canon 70-300 mm  18-55  f:6,3    ISO:200   V:1/125    F:9

Camiño agrícola en Villafáfila 1080x1620 p
Panasonic G7 + Pana 14-42 f:5,6    ISO:200   V:1/640    F:9

Estepa cerealista en Villafáfila  1080x1920 p
Panasonic G7 + Pana 14-42 mm f:5,6    ISO:200   V:1/640    F:10

Estepa cerealista en Villafáfila  1080x1920 p
Panasonic G7 + Pana 14-42 mm f:5,6    ISO:200   V:1/640    F:10

Serra do Xistral  1080x1728 p
Sony RX10 III (focal 50 mm)   ISO:200    V:1/400   F:5

Serra do Xistral (01/02/2015)  1080x1728 p
Canon SX50 (24-1200 mm equiv)     ISO:125    V:1/125   F:5,6

Serra do Xistral (12/04/2009)  1080x1728 p
Olympus SPZ 510 (38-380 mm equiv)  ISO:50    V:1/250   F:6,3

Turbeiras do Macizo Central ourensán (14/07/2012)   1080x1728 p
Canon EOS 500D + Canon EF-S  18-55 f:5,6   ISO:100   V:1/160   F:9

Outono nas fragas dos Ancares (23/11/2013)  1080x1728 p
Canon EOS 500D + Canon EF-S  18-55 f:5,6   ISO:100   V:1/200   F:5,6

Ría de Ortigueira 1080x1920 p
OM-1 + Panasonic 14-42 f:5,6    ISO:200   V:1/400   F:8

Ría de Ortigueira 1080x1920 p  Outro encuadre
OM-1 + Panasonic 14-42 f:5,6    ISO:200   V:1/400   F:8

Turbeira na Serra do Forgoselo (7/02/2018)   1080x1920 p
Sony RX10 III (focal 40 mm)   ISO:80    V:1/320   F:8

Serra do Forgoselo (7/02/2018)   1080x1920 p
Sony RX10 III (focal 25 mm)   ISO:64    V:1/30   F:13

Serra do Forgoselo 1080x1620 p
Sony RX10 III (focal 25 mm)   ISO:64    V:1/30   F:13
 
   Non canso de repetir que disparedes en JPEG + RAW e que gardedes eses arquivos sen comprimir. Agora que cambiei o monitor a ún de moita máis resolución doume máis conta ca nunca do importante que sería ter gardado eses RAW. Vexo fotos que fixen que realmente estaban moi ben e coas que cometín a imprudencia de recurtalas de calquera maneira para gardalas. Polo menos nestas do Forgoselo nevado si tiña o RAW. Quizá dentro duns anos estas imaxes sexan ouro puro (de feito penso que foi a última vez que vin aquilo nevado).

4 comentarios:

  1. Grazas por compartir estas fotazas. Quédome co atardecer en Villafáfila e as de Forgoselo nevado.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A min tamén son as que máis me gostan. Probablemente cando mamá era pequena a serra de Queixeiro había estar así de nevada moitos días de inverno, ou mesmo a propia aldea de Vilafaíl, que está a case 400 m snm (as fotos do Forgoselo son a 500 m snm)
      Un bico.
      PD: Como digo, proba a "abrir" as fotos e descarregalas. Quedan de cine coma salvapantallas.

      Eliminar
  2. Si, nevaríalles e levarían as zocas que facía un dos seus tíos e calcetíns de lá.
    Probarei a descárgalas.
    Un bico.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Zocas con madeira de bidueiro, contárame mamá. Unha madeira ideal para a auga, disque.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos