Seguidores e seguidoras

domingo, 9 de novembro de 2025

En Pontedeume

 Xa había tempo que non visitaba o estuario do Eume, nos concellos de Pontedeume e Cabanas. Un estuario, ou esteiro, que forma parte da Ría de Ares. Porque as rías toman o nome das vilas máis importantes que hai, non polos ríos que nela desembocan (normalmente son varios).

  Onte aproveitei unha viaxe familiar para facer parada en Pontedeume, onde realicei un censo parcial co equipo fotográfico coma única óptica. Básicamente limícolas e algunha cousa máis:

  • 15 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
  • 1 Mazarico real (Numenius arquata)
  • + Biluricos das rochas (Actitis hypoluecos)
  • 7 Biluricos comúns (Tringa totanus)
  • 6 Biluricos pativerdes (Tringa nebularia)
  • 9 Carráns cristados (Thalasseus sandvicensis)

Carráns cristados (Thalasseus sandvicensis)

Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)

Mazarico real (Numenius arquata) papando un caranguexo

  Desde logo que Pontedeume non é Ortigueira. Hai poucas especies e en número moi modesto. Sen embargo algunhas destas acuáticas poden observarse e fotografarse desde moi perto, como pasa na ría ortegana. Por exemplo os biluricos comúns ou pativerdes.

Bilurico común (Tringa totanus)

Bilurico común (Tringa totanus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:200   V:1/400    F:7,1

Bilurico común (Tringa totanus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:200   V:1/500    F:7,1

Bilurico común (Tringa totanus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:200   V:1/400    F:7,1

Bilurico común (Tringa totanus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:200   V:1/500    F:7,1

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:3200   V:1/800    F:7,1

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:3200   V:1/640    F:7,1

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:1600   V:1/400    F:7,1

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:1600   V:1/640    F:8

Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:1600   V:1/400    F:8

  Un grupo de 13 subeliños comúns alimentábanse nuns salgueiros a carón da estrada xeral, na mesma ponte que une Pontedeume e Cabanas. Deixáronme tomarlle unhas fotos, ainda que non foi doado. Son paxaros moi bonitos mas moi inquedos tamén.

Subeliño común (Aegithalos caudatus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:800   V:1/640    F:6,3

Subeliño común (Aegithalos caudatus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:800   V:1/640    F:6,3

Subeliño común (Aegithalos caudatus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:1600   V:1/500    F:7,1


Subeliño común (Aegithalos caudatus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:1600   V:1/500    F:7,1

Subeliño común (Aegithalos caudatus)
OM-1 + Zuiko 100-400  f:6,3   ISO:1600   V:1/640    F:7,1

  E con esta fermosura rematamos hoxe. Haberá que voltar polo estuario do Eume.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos