Estes días puiden sacar varias fotos de pica dos prados na ribeira de Neda. Un paxaro que tamén "colabora" dabondo co fotógrafo.
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/200 F:5,6
Nas fotos en que está pousada quizá debín abrir diafragma todo o posíbel (a F:5,6) porque nun sensor 4/3" a profundidade de campo é moito maior que nun APSC, non digamos xa un Full Frame. Estaría mellor que a herba tivese algo máis de desenfoque, penso.
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/125 F:6,3
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/200 F:7,1
Pousou nunhas pedras onde o fondo xa está completamente fóra de foco.
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:800 V:1/125 F:5,6
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:800 V:1/125 F:5,6
Sigo pensando que a OM-1 chega a ISO1600 con perda de calidade mínima, case inapreciábel. Alomenos desde os ollos dun novato nisto da fotografía coma son eu.
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/200 F:6,3
Pica dos prados (Anthus pratensis)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/200 F:6,3
No mesmo sitio observei unha lavandeira branca días antes e puiden fotografar a captura que realizou: un coleóptero. Se os que saben non din o contrario diría que é un estafilínido.
Lavandeira branca (Motacilla alba)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:400 V:1/800 F:8
Lavandeira branca con captura (escarabello sp. Fam. Staphylinoidea)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:400 V:1/800 F:8
O mes pasado xa chegaron as lavandeiras reais invernantes á nosa ría. Probablemente moitos exemplares procedentes de ríos e regatos próximos (de feito é reprodutor case na propia ría). Mas tamén haberá individuos procedentes de Centroeuropa.
Lavandeira real (Motacilla cinerea)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/800 F:7,1
Falando de invernada e de Europa, a cousa está bastante parada por un motivo obvio. Nin vai frío nin as condicións son as que se necesitan para que se dea unha chegada de acuáticas. O luns vin unha imaxe dunha web meteorolóxica que copiei e pego aquí.
Como vedes unha fonda borrasca está centrada ao NW da península ibérica. No hemisferio norte un ciclón - nome técnico da borrasca - xira no sentido contrario ás agullas dun reloxo. Así pois o fluxo de ventos é o que indica a frecha vermella. E ventos cálidos, ademáis. Por ese motivo resulta difícil que estes días haxa novidades importantes no relativo á invernada.
Situación meteorolóxica de Europa occidental esta semana
Haberá que esperar, entretido coas humildes picas e lavandeiras.

.jpg)









.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos