Hoxe collimos vacacións na miña empresa (Navantia). Espero que estas vacacións traian unha recuperación anímica importante, porque os dous veráns anteriores foron moi, moi duros. O de 2024 marcado pola morte da miña parella; o de 2023 marcado polo ingreso hospitalario e a morte de miña nai, que falecía o primeiro de agosto logo dunha penosa agonía, con moito sofrimento debido a unha infección pulmonar (entre outros problemas). Ademáis vivín a súa morte en rigoroso directo, pois eu estaba de guardia ese día no hospital e, literalmente, vin como deixaba de respirar. Unha experiencia das que marcan ás persoas.
Vaia, pois unha dedicatoria a "Lita", cunha foto tomada en 2013.
Só pido que este ano Deus me conceda unhas vacacións sen sobresaltos. Penso que as merezo.
Toca madera, Xabi, porque estos años pasados pondrían a prueba a cualquiera. Ánimo, descansa y procura evadirte cuanto puedas. Eso sí, es una pena que estemos en una época de tantos calores, incluso por aquí, que no invitan demasiado a viajar. Un fuerte abrazo.
ResponderEliminarGrazas Jose. Precisamente por ese motivo borrei dúas entradas anteriores que non tiñan que ver coa natureza. Como ben imaxinas, "ya me llega con lo mío" para enzarme en polémicas innecesarias (aínda que non me arrepinto nin dunha soa coma do que escribín). Aínda que agora teño un problema moi grave no entorno familiar máis próximo do que non podo contar nada aquí pero que é realmente terrible. En fin... é o que hai.
EliminarUn abrazo.