Lamentablemente o día non estaba polo labor. Unha luz bastante mala e bichos pouco fotoxénicos ou lonxe, mas algo foi aparecendo. Unha das prestación que máis me interesaban do novo obxectivo era o desenfoque dese f:4, toda unha novidade para quen leva anos traballando con sensores pequenos nos que o famoso bokeh resulta case inapreciable.
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/800 F:4
Outra novidade para quen escribe é que se trata do primeiro obxectivo con focal fixa que teño. Técnicamente dá máis calidade pero a cambio non podes xogar moito coa composición.
Por certo, ao principio fíxenme a picha un lío porque descoñecía o sistema para cambiar de autofocus a enfoque manual (desprazando o anel de enfoque de diante para atrás). Tiven que consultar cos da tenda para que me explicasen como era. Tamén probei a montar o teleconvertidor MC1,4x. Con el acoplado o Zuiko 300 f:4 convértese nun 420 mm f:5,6. Se aplicamos as famosas equivalencias en formato 35 mm (coas que moitos fotógrafos non están dacordo e non lles quito parte de razón) estaríamos a falar dun 840 mm f:5,6.
Disparo con foco manual
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC 1,4x ISO:400 V:1/1000 F:5,6
Vaian por diante dous detalles:
- Todas as tomas deste post están algo recurtadas; básicamente porque teño configurada a cámara para formato 4:3 e agora prefiro publicar en 3:2 ou 16:10
- Mentras non coñezo o tele quizá debería quedarme cos JPG. Pero tamén tiña a cámara configurada para disparar en RAW + JPG normal, non JPG fino ou extrafino. Así que ao final hoxe acabei por editar os RAW un pouco a cegas
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC 1,4x ISO:400 V:1/640 F:5,6
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/1000 F:5
Veño de pesalos na báscula da cociña e o Zuiko 300 f.4 pesa uns 100 gr máis ca o Zuiko 100-400 f:6,3, sendo dun tamaño bastante semellante. Co duplicador será un chisco máis.
Probando desenfoque desde o suxeito principal
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC 1,4x ISO:400 V:1/640 F:5,6
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC 1,4x ISO:400 V:1/1250 F:6,3
Outros días as lavandeiras, os biluricos ou as picas pousan a dous metros do carro e podo acribillalos. Hoxe non quixeron colaborar, agás un exemplar de pica dos prados, ao que pillei daquela maneira. De feito na segunda toma moveu os pes para fastidiar a foto.
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/400 F:5,6
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/400 F:5,6
Insisto que mentras non coñezo o obxectivo debería quedarme só cos JPG de máxima calidade que ofrece a OM-1 (non cos RAW, que aínda non controlo). Pouco a pouco que isto é cousa seria.









Parabéns! pola nova lente. Estas primeiras fotos teñen moi boa pinta, a verdade. Pinta doutra liga. En fin... envexa que teño. Da san, pero envexa. Unha aperta!
ResponderEliminarÉ outra liga, certamente. Xa o probarás. O que non entendo é a abismal diferencia de prezo que hai entre o Zuiko 100-400 f:6,3 e o Panasonic 100-300 f:5,6. Na miña opinión moi excesiva. Porque calquera diría que o 100-400 está a medio camiño entre o Pana e o 300 f:4. E para nada. Que non estou a falar mal do 100-400, ollo, senón que estou a falar moi ben do Pana 100-300 (algún vaise arrepentir de non termo comprado no seu momento, cando o puxera á venda, xa che digo eu).
EliminarO finde xa quedaremos.