Hoxe tiña pensado facer unha pequena comparativa entre os meus teleobxectivos Zuiko. Pero "el hombre propone y Dios dispone", di o refrán.
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 (a 100 mm focal) ISO:200 V:1/320 F:6,3
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 (a 100 mm focal) ISO:200 V:1/250 F:6,3
Así pois, a comparativa tivo que facerse nunhas condicións ben complicadas. Un cullereiro en Barallobre (Fene) foi o primeiro suxeito da proba. Primeiro disparando co 300 f:4.
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/500 F:4,5
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/500 F:4,5
Logo montei o zoom 100-400 f:6,3. Ademáis dunha perda no contraste, no detalle e na textura apréciase moito máis o viñeteo (sobretodo nas imaxes orixinais, pois todas as deste post están un pouco recurtadas). Por non falar da moito maior luminosidade (f.4 fronte a f:6,3, 1 1/3 pasos) , que permite traballar cuns parámetros moito mellores, claro.
Tiña o balanzo de brancos en modo automático e diría que a cámara escolleu unha temperatura algo máis fría no caso do zoom. Ou mo parece a min, vaia.
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/320 F:6,3
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/250 F:6,3
Ao principio mantiven o mesmo ISO cos dous teles, por non saír do rango ideal na OM-1. Despois subín un ponto a ISO3200, para poder poñer uns valores de velocidade e profundidade de campo menos "apretados" co 100-400. Os fotógrafos entenderán o que quero dicir.
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:3200 V:1/400 F:7,1
Supoño que nunhas circunstancias deste tipo é cando mais se nota a calidade do equipo.
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/250 F:5,6
Unha garza branca pequena foi o segundo protagonista da proba. Do mesmo xeito comecei disparando co 300 f:4. Unha cousa importante: tede en conta que os bichos se moven. A distancia, e mesmo densidade da néboa, variaba entre unha toma e outra (cambiar o obxectivo leva un tempo no que o suxeito pode moverse moito).
Garza branca pequena (Egretta garzetta)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/320 F:4,5
Garza branca pequena (Egretta garzetta)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:800 V:1/320 F:7,1
Garza branca pequena (Egretta garzetta)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:400 V:1/250 F:7,1
Tamén acoplei o teleconvertidor no 300 f:4 que, digamos, iguala a focal entre ambos teles. Porén, cómpre ter en conta que as fotos sacadas nunhs condicións de luz tan difíciles poden mellorarse notablemente coas ferramentas que dispoñemos coa edición dixital (chámase o programa Lightroom, Photoshop ou Dark Table).
Garza branca pequena (Egretta garzetta). Toma con edición básica
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x f:5,6 ISO:800 V:1/250 F:7,1
Toma anterior mellor editada
As fotos tomadas con néboa poden mellorarse moito se aumentamos o contraste e aferramenta "borrar neblina". Na seguinte foto apliquei tamén o borrado do viñeteo, que no 100-400 se nota dabondo.
Garza branca pequena (Egretta garzetta). Toma con edición básica
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:800 V:1/250 F:7,1
Toma anterior con edición dixital importante
E así terminamos esta comparativa pasada por auga.... digo por néboa.















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos