Non é doado facer comparativas de diferentes ópticas con aves na Natureza. Cómpre buscar unha que estea ben quietiña, para non variar a distancia de enfoque nin o fondo. Hoxe conseguino, primeiro cunha gaivota patimarela.
Puxen o tele zoom a 300 mm e tentei parámetros semellantes entre unha lente e outra. Logo apliquei o mesmo revelado de nitidez, contraste, intensidade, ruido e un lixeiro recurte a 3:2. A temperatura de cor que tiña en modo automático non me gostaba e acabei poñendo "sombra" en todas as imaxes.
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 (focal 300 mm) ISO:6400 V:1/100 F:6,3
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 f:4 ISO:6400 V:1/100 F:6,3
A serie inicial foi cun ISO bastante alto (6400) porque a luz era malísima. Logo aclarou algo pero aínda así tiven que deixalo en valores medios de ISO1600 ou ISO3200.
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 (focal 300 mm) ISO:3200 V:1/50 F:6,3
Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 f:4 ISO:1600 V:1/60 F:4
Coma sempre, nótase a diferenza de calidade entre un obxectivo bó e un obxectivo PRO. No detalle das sombras, no detalle das altas luces, no enfoque/estabilización, mesmo diría que na saturación de cor. Tamén gardo a sensación de que o balanzo de brancos automático "interpreta" mellor a escea no 300 f:4, deixando unha temperatura de cor máis acorde ao que ven os meus ollos, pero iso é algo moi suxetivo, supoño. Outras cousas máis técnicas se me escapan porque eu son naturalista, non fotógrafo. Eles poderán aprecialas moito mellor.
Logo tocou una corvo mariño grande. Coma no caso das gaivotas comecei disparando a focal 300 mm (máis ou menos) con ambos os dous obxectivos.
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 (focal 314 mm) ISO:1600 V:1/200 F:6,3
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/200 F:6,3
Logo decidín comparar o zoom a tope de focal (400 mm) co 300 aclopado ao teleconvertidor MC1,4x, para que oferecese unha focal equivalente, mas algo maior (420 mm).
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:3200 V:1/320 F:7,1
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x f:5,6 ISO:3200 V:1/320 F:7,1
Máis unha vez o nivel de detalle e tamén a textura da penaxe, resulta claramente máis nítida no obxectivo de maior cualidade, como é natural. Mas o 100-400 aguantou a proba mellor que ben (contra unha lente que a duplica en prezo, ollo).
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:1600 V:1/320 F:7,1
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x f:5,6 ISO:3200 V:1/320 F:7,1
E asi terminamos este post fotográfico. Observando e admirando as características destes dous estupendos obxectivos. Por certo, os diferentes modelos meteorolóxicos anuncian neve na comarca de Ferrol para este venres e sábado. Semella probábel que volte este meteoro a serras coma O Forgoselo, Monfero ou Faladoira, e seguramente Bichos e demáis familia irá por aló para dar testemuña gráfica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos