Seguidores e seguidoras

domingo, 11 de xaneiro de 2026

Outro día na oficina

     Se onte me pelexaba coa luz hoxe tocou pelexar coa velocidade de obturación. Porque esta mañá nadaban varios mergullóns de pescozo negro perto da rampa de Maniños (Fene) e saíron a voar mentras tiña configurada a cámara cunha velocidade de obturación relativamente "lenta". Cando puiden subir a un valor axeitado xa estaban no quinto pino

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:3200    V:1/320    F:5,6

  A última toma quedou algo mellor, pero moi escura. Tiven que subir a exposición case dous pontos co Lightroom. Polo menos vense moi ben esas franxas alares brancas típicas da especie. O mergullón real (Podiceps auritus) ten tamén algo de branco na parte dianteira das ás.

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Toma moi aclarada con Lightroom
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6   ISO:3200    V:1/800    F:5

  O día estaba chuvioso e neses casos cómpre ficar no carro, fotografando algunha cousiña que vaia aparecendo polos peiraos. Son mañás moi escuras nas que resulta case imposíbel facer fotografía de aves con cámaras bridge de sensor 1/2,3".

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)
OM-1 + Zuiko 300 + MC1,4x  f:5,6 (focal equiv a 840 mm)   ISO:800    V:1/80    F:8

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:800    V:1/400  F.5

     O 300 f:4 vai como una cañón, sendo consciente sempre de que é unha focal fixa. Ás veces iso resulta problemático. Un pouco que te moves e o bicho sae fóra de encuadre.

Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4    ISO:800    V:1/320    F:5

Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4    ISO:800    V:1/320    F:5
  
    Porén, desfruto moito ollando a moi diferente profundidade de campo que ten respeito a todo o que coñecín antes agás as dúas reflex APSC, obviamente.

Gaivota patimarela (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4    ISO:800    V:1/250    F:5

Garza boieira (Ardea ibis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4    ISO:400    V:1/160    F:5

     Sigo a considerarme un aprendiz na fotografía de bichos e aínda non estou para buscar a "proporción áurea" ou a famosa paleta de colores na composición. Pero xa fago tonterías coas cousas do fondo. Na seguinte imaxe tiña unha segunda fila de aves na pasarela do fondo. Busquei a propósito un ángulo no que quedasen incluidas na imaxe. Acostumado a sensores e diafragmas moito máis cativos quería ver como desenfocaba este f:4, que deixou esas aves coma simples círculos brancos (agora non lembro o nome técnico que teñen en fotografía esas "bolas").

Garza boieira (Ardea ibis) entre gaivotas choronas
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4    ISO:400    V:1/160    F:4

 Bon, por aquí seguimos, desfrutando do solleiro e seco inverno galego.

1 comentario:

  1. Boas Xabier,
    Eu sempre as chamei bolas de boké (ou bokeh) non sei se teñen un nome máis técnico.
    Un saúdo.
    Alén Espiña

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos