O pasado día 3 deixaba o armamento pesado no macuto e volvía a poñer o Panasonic 100-300 f:5,6. Sempre dixen que é unha ledicia manexar algo tan lixeiro e que ademáis permite pequenas licencias compositivas ao dispór de focal variable.
Factoría de Navantia-Fene ao mencer. Autodisparo sobre saca de lentellas (1)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f5:6 (a 100 mm) ISO:200 V:1/5 seg F:8
Quería tomarlle unhas fotos á garza branca grande e achegueime pola ribeira do Seixo durante a baixamar. Puiden documentar a invasión masiva que padecemos xa en moitas rías galegas: a ostra rizada ou xaponesa, que medra alí onde haxa pedra ou rocha, mesmo na base dos peiraos.
Ostras xaponesas (Magallana gigas). Especie, invasora
Atopeime con varias mariscadoras da Confraría e me dicían que están ben ricas. Tamén me confirmaron que a seguinte imaxe pertence a unha zamburiña, auténtica estrela gastronómica da ría de Ferrol. A diferenza da máis comercial volandeira, só ten unha "orella".
Cuncha de zamburiña (Clamys varia). Fam Pectinidae
No sitio habitual estaba a garza branca. Trátase dun exemplar bastante manso, que permite achegarte moito, se vas a modo,.... como se estiveses a mariscar na ribeira.
Garza branca grande (Ardea alba)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f5:6 ISO:800 V:1/60 seg F:5,6
Garza branca grande (Ardea alba). Disparo a pulso
OM-1 + Panasonic 100-300 mm (a 200) f5:6 ISO:1600 V:1/50 seg F:5,6
Mentras a fotografaba fixo unha captura. Non é o meu campo mas ollando as imaxes apostaría por un lábrido (Labridae). Son peixes coloridos que viven entre as algas dos fondos rochosos.
Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado
OM-1 + Panasonic 100-300 f5:6 ISO:1600 V:1/60 seg F:5,6
Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado
OM-1 + Panasonic 100-300 f5:6 ISO:1600 V:1/60 seg F:5,6
Habitualmente a garza branca grande fai capturas de moi pequeno tamaño. Como xa comentei, nada que ver coa garza real, á que normalmente se observa capturando muxes, anguías, sollas ou mesmo aves (teño unha observación de captura a un mergullón pequeno ou poliño de lavanco, que non puidera confirmar ben). Chamoume a atención vela coller un peixe dese tamaño, a verdade.
Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado. ¿Fam Labridae?
OM-1 + Panasonic 100-300 f5:6 ISO:1600 V:1/80 seg F:5,6
Tragando a pastilla...
Despois continuou a pescar. Neses momentos estaba tan perto que mesmo puiden a baixar a focal a 200 (equivalentes a 400 mm), o cual favorece a calidade de imaxe. Tamén había mellor luz.
Garza branca grande (Ardea alba) con peixe capturado
OM-1 + Panasonic 100-300 a 200 mm) f5:6 ISO:800 V:1/100 seg F:5,6
Garza branca grande (Ardea alba) con captura de tamaño habitual
OM-1 + Panasonic 100-300 f5:6 ISO:400 V:1/100 seg F:5,6
Logo pasei por Maniños, onde estaba ún dos cullereiros invernantes.
Cullereiro común (Platalea leucorodia) xunto á rampa de Maniños (Fene)
OM-1 + Panasonic 100-300 f5:6 ISO:400 V:1/200 seg F:6,3
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Panasonic 100-300 f5:6 ISO:800 V:1/160 seg F:6,3
E logo de subir este post, que tiña pendente de publicar, imos facer unha pequena viaxe á provincia de Lugo, se a neve mo permite. Desde sempre, gosto moito de ir á Terra Chá cando veñen vagas de frío. Ademáis das aves invernantes que adoitan aparecer, se a paisaxe está un pouco nevada ofrece unhas tomas sumamente fotoxénicas. A ver se hai sorte.
(1) Encher unha pequena saca de tela con lentellas e pechala con velcro ou cosida resulta un apoio magnífico para tomas de exposición lenta se contamos con algo onde situar a bolsa (un muro ou un pasamaos). É un truco que me ensinou o mestre Álvaro F. Polo













Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos