Hai uns días chamábame a atención que algúns observadores daban ao parrulo aurasiático, outrora unha anatídea común en moitos humidais galegos, o tratamento de raridade. Foi nunha lagoíña de Xove-Lago, onde puiden ler que un observador mencionaba un Aythya ferina coa matización "xa citado por fulano de tal".
Comprendo perfectamente este tratamento, pois o declinio da especie foi realmente espectacular nas últimas décadas. E falo a nível peninsular. Se alguén ten curiosidade pode buscar en Internete censos da lagoa aragonesa de Gallocanta nos anos oitenta e pode caer de cú co que atope (falamos de censos de deceas de millares de exemplares). Galiza somos un país carente de humidais importantes mas até os anos noventa era normal ver concentracións de 100-400 exemplares nalgunhas lagoas, encoros e mesmo rías como Ribadeo ou Vigo. Xa publiquei ese censo propio de 475 parrulos en Valdoviño, censados con binoculares aló por marzo do 93.
Un post para reflexionar, a verdade. Eu son moi novo e non tiven tempo de apreciar realmente estes cambios, pero lendo diferentes artigos na rede (as túas entradas, por exemplo) doume conta do deterioro que experimentou o medio no noso país (e parece que na maior parte do mundo) nos últimos anos. Dá auténtica pena, e algo de medo de onde irá parar o asunto...Por certo, grazas ao teu consello empecei a facer fotos de paisaxes, nin se me ocurrira.
ResponderEliminarRoi Otero